Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pontón pídelle á Xunta a contratación de máis profesores

Pontón pídelle á Xunta a contratación de máis profesores

O BNG propón destinar 25 millóns a "bolsas anticrise"

G24.gal 31/08/2022 14:11

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou nunha escola de Noia que se contrate a 1.000 profesores máis para o novo curso, tras insistir en que o recorte en profesorado previsto é de máis de 700, en base aos "datos oficiais" publicados no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Por iso, dixo que é a Xunta a que "está a mentir" cando nega esta cifra e retou ao presidente galego, Alfonso Rueda, a que, se pode, "desminta" con números oficiais ao BNG, que ao criticar este recorte só está "a denunciar a dura realidade" da educación pública.

Tamén reclamou á Xunta que estableza un programa extraordinario de bolsas "anticrise" cunha dotación inicial de 25 millóns de euros para axudar no inicio do curso a familias con rendas per cápita inferiores a 12.000 euros.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, lembra que Galicia ten 15.000 alumnos menos en infantil e primaria que antes da pandemia. A razón é a caída demográfica. Porén, o número de profesores é maior.

Román Rodríguez recorda tamén que este ano duplicaron as axudas para libros pola inflación que están a soportar as familias

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade