Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pode ser un día histórico para o modesto Victoria da Coruña

Pode ser un día histórico para o modesto Victoria da Coruña

Se derrotan o Hernani no campo da Grela, mediranse a un equipo da 1ª División na seguinte eliminatoria da Copa do Rei

G24.gal 17/11/2021 14:07

Esta tarde pode ser unha xornada histórica para un club modesto como é o Victoria da Coruña.

Se derrotan o Hernani no campo da Grela, mediranse a un equipo da Primeira División na seguinte eliminatoria da Copa do Rei. O equipo está mentalizado. É unha oportunidade única que non queren desaproveitar. Do Victoria saíron xogadores como Amancio ou Lucas Pérez. Hoxe o seu soño pode facerse realidade.

Cando esta tarde o equipo do Victoria salte o campo da Grela, 78 anos de historia van contemplar con orgullo a traxectoria deste modesto do fútbol coruñés. 78 anos e moitos nomes propios na nómina dos seus canteiráns como Amancio ou Lucas Pérez.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos