Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pellegrino, o discípulo de Benítez: "Seguímolo tendo ao alcance da man"

Pellegrino, o discípulo de Benítez: "Seguímolo tendo ao alcance da man"

Compartiron equipo no Valencia e foi o segundo adestrador do técnico celeste no Liverpool

G24.gal 23/02/2024 21:44

O Celta xoga o domingo en Cádiz, partido vital na loita pola permanencia. Os dous equipos pelexan por evitar os postos de descenso. O Celta ten tres puntos máis que os gaditanos. Benítez recupera a Manquillo e Carlos Domínguez. Os dous defensas están recuperados das súas respectivas lesións.

En Cádiz, o adestrador Mauricio Pellegrino rebaixa a importancia do partido. Pellegrino foi segundo de Benítez na súa época no Liverpool e seu xogador cando estaba no Valencia. Para o adestrador do Cádiz o partido "non é unha final", e considera que, malia non gañaren desde setembro, seguen tendo a permanencia "ao alcance da man". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade