Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gamarra denuncia "caos" no Goberno, mentres Sánchez presume de xestión

Gamarra denuncia "caos" no Goberno, mentres Sánchez presume de xestión

O PP acusa o Goberno de utilizar Doñana electoralmente, e Sánchez pídelles aos populares que cumpran coa Constitución e coa lexislación que protexe o parque nacional

Os terreos de Defensa nos que se van construír pisos públicos aínda non están preparados

G24.gal 26/04/2023 08:03 Última actualización 26/04/2023 10:56

O presidente do Goberno Pedro Sánchez responde na sesión de control ao Goberno no Congreso as preguntas do PP, ERC e Junts sobre quen nomea e cesa ministros no Goberno, a súa xestión en Cataluña, e as últimas medidas anunciadas. 

Na súa primeira intervención no hemiciclo, a voceira do grupo popular, Cuca Gamarra, acusou a Pedro Sanchez de crear o caos no Goberno. Aproveitou tamén para preguntarlle a Sánchez se realmente cesou a González Laya despois de que llo pedira Marrocos, algo que o presidente do Goberno non chegou a aclarar no debate parlamentario do pasado mércores.

Ante ese silencio, Cuca Gamarra volveu insistir coa pregunta: "A quen ten medo? Quen nomea e cesa ministros no Goberno?".

Na súa quenda de palabra, Pedro Sánchez respondeulle a Cuca Gamarra que "é unha mágoa que a súa oposición estea baseada "no ruído, no bulo e na descualificación" e insistiu en pedirlle ao PP "que cumpra coa Constitución e coa lexislación que protexe o Parque Nacional de Doñana". 

Política de vivenda

Na seguinte intervención, Cuca Gamarra dixo que a Sánchez o única política de vivenda que lle interese é seguir na Moncloa e restoulle credibilidade aos seus anuncios de vivenda asegurando que en cinco anos construiu "cero" vivendas. Finalizou dicindo que serán os españois os que deroguen o "sanchismo". 

Na súa quenda, Pedro Sánchez respondeulle que a resposta está na Constitución, esa que "o PP leva incumprindo 1.602 días", en alusión á non renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial.

O presidente do Goberno dixo que o PP se opón a primeira lei de vivenda de España e que a van recorrer ante o Tribunal Constitucional, pero que será "unha lei que se cumprirá en todos os territorios". Despois Sánchez fixo fincapé na súa xestión económica. 

"E iso nada ten que ver con milagres. Xa sabemos o que pasou cos milagres económicos cando vostedes estaban no Goberno. Acabaron todos no cárcere. Isto ten que ver con que este Goberno xestiona moito mellor a economía que vostedes, que non poden soportalo", manifestou Sánchez.

Este novo tirapuxa entre o PSOE e o PP na sesión de control ao Goberno ten lugar un día despois do duro debate parlamentario no Senado entre Sánchez e o xefe da oposición, Alberto Núñez Feijóo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos