Publicador de contidos

Publicador de contidos

PCR con prescrición médica no Náutico de Vigo e antíxenos nas estacións

PCR con prescrición médica no Náutico de Vigo e antíxenos nas estacións

O test de antíxenos de mostra de saliva teñen que acudir ao Centro Vialia e na estación de ferrocarril de Guixar

En Guizar só se atenderá sen cita previa aos viaxeiros que presenten o seu billete de tren

G24.gal 28/12/2021 17:30

O Punto de Atención Móbil que o Sergas ten instalado fronte ao Real Club Náutico de Vigo, a partir deste mércores só realizará probas PCR a persoas que conten cunha prescripción médica.

O obxectivo desta medida é evitar as longas colas que se formaron durante os últimos días ante e as conseguintes incomodidades para os usuarios.

As persoas que sometan a un test de antíxenos de mostra de saliva teñen que acudir aos puntos situados no Centro Vialia e na estación de ferrocarril de Guixar, onde únicamente se atenderá sen cita previa aos viaxeiros previa presentación do billete de tren.

O resto deberá solicitar unha autocita a través da web da Área Sanitaria de Vigo e unha vez completada a solicitude o usuario recibirá un SMS no seu teléfono móbil onde se lle indicará día e hora da proba.

Os horarios de atención en todos os puntos serán de 8,30 a 14,30 horas e de 15,30 a 21 horas, de luns a domingo, excepto os días 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro que só abrirá en horario de mañá. 

Esta é a web para pedir cita para a proba na área sanitaria de Vigo.

https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar