Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carvalhal cre que o Celta só precisa tres puntos máis para a salvación

Carvalhal cre que o Celta só precisa tres puntos máis para a salvación

Carles Pérez está recuperado para Xetafe e tamén podería regresar Óscar Mingueza

Foto @RCCelta
G24.gal 02/05/2023 13:48 Última actualización 02/05/2023 16:45

Volve a Liga entre semana e o Celta visita mañá o feudo do Xetafe. Un Xetafe que xoga a vida ante un Celta ao que non lle sentou ben o mes de abril. Foron tres derrotas, dous empates e unha única vitoria no mes que acaba de rematar.

O colchón do Celta sobre o descenso é de 8 puntos. Por diante quedan  6 xornadas e agora o Celta vaise enfrontar a equipos aos que a auga lles chega ao pescozo.

Mañá o Xetafe e o domingo o Valencia.  Carvalhal fai as contas para acadar a tranquilidade.

"Apunto aos 42 puntos. Estamos a 3 do obxectivo, quedan seis partidos e pensamos en superar esa marca".

O partido xógase ás dez da noite, un mal horario para o portugués:

"Normalmente vou durmir ás 22:30 ou 23:00. Levántome cedo, ás seis da mañá. Eu non iría ver un partido a esa hora porque preciso durmir".

Carles Pérez está recuperado, e tamén podería regresar Mingueza

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade