Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C.F. perde 0-1 co Athletic na prórroga e despídese da Copa

O Ourense C.F. perde 0-1 co Athletic na prórroga e despídese da Copa

Nun campo enlamado, os galegos gozaron das mellores oportunidades na primeira parte

Decidiu Jaureguízar, que culminou unha xogada ensaiada

G24.gal 18/12/2025 19:17 Última actualización 18/12/2025 21:33

O Ourense CF xoga co Athletic Club de Bilbao nos dezaseisavos de final de Copa do Rei e busca seguir avanzando na competición ante un dos conxuntos máis gañadores desta. 

Tras deixar no camiño a Real Oviedo e Xirona FC, o sorteo deparou que os vascos visiten O Couto nunha noite cun cheo absoluto e con 10.000 espectadores nas bancadas.

A chuvia e a lameira do céspede do Couto condicionaron o encontro. Na primeira metade, os galegos gozaron das mellores ocasións cun remate de Adri Pérez e unha acción ben resolta en defensa por Dani Vivian.

Os de Valverde gozaron dalgunha oportunidade, pero non tiraron a porta nos primeiros 45 minutos.

No segundo tempo, o Athletic saiu con máis forza, máis dominio e máis oportunidades. Con todo Padilla fixo unha gran parada no minuto 60 que evitou o gol do Ourense.

Valverde non tivo máis remedio que sacar a Nico Williams no minuto 68. Aí chegou a mellor ocasión dos bilbaínos cunha cabezada de Guruzeta ao pau longueiro. A catro minutos do final Alberto fixo un parador a disparo do menor dos Williams.

O Ourense non baixou os brazos e puido gañar cun tiro de Omar que rexeitou a defensa vasca. Non houbo goles nos 90 minutos e houbo que xogarse unha prórroga.

No tempo extra houbo igualdade pero o Athletic logrou marcar no último minuto da primeira parte de la prórroga. Gol de Jaureguízar que culminou unha xogada ensaiada.

Así acabou o encontro.  Os das Burgas finalizan a súa etapa exitosa na Copa

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade