Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os vigueses optan por coller o tren a Madrid en Ourense

Os vigueses optan por coller o tren a Madrid en Ourense

O tren tarda dúas horas de Ourense a Vigo, o mesmo que de Madrid a Ourense 

O peche do aeroporto de Peinador multiplica os usuarios do ferrocarril

G24.gal 07/05/2024 14:22

O peche do aeroporto de Vigo e os tempos de viaxe dos trens Avril, moi superiores do que se esperaba e que os do AVE, levan a moitos vigueses a conducir ata Ourense para coller o tren a Madrid. 

"Paréceme normal que viaxen antes no coche, porque o en tren ten moitas veces moitos atrasos e estás esperando coma un parvo podendo ter chegado antes", comenta unha rapaza de Ourense. 

Alguén que faga mañá a o traxecto Vigo-Madrid e volva no día, saíndo no primeiro Alvia das 6 e media mañá e volvendo no das sete e cuarto, pagará 214,7 euros. Son dous euros menos e dúas horas máis que viaxando dende Ourense.

"Case tardas mais de Vigo a Ourense que de Ourense a Madrid, que en dúas horas xa estás", quéixase unha usuaria frecuente do tren.

O AVE Madrid-Ourense tarda dúas horas e cuarto. O problema comeza alí, porque os que van a Vigo tardan dúas horas máis nun traxecto que leva cincuenta minutos en coche. A partir da cidade das Burgas, os trens non directos paran en Santiago, Vilagarcía e Pontevedra. Por iso son cada vez máis os que prefiren viaxar en coche a Ourense para coller o tren a Madrid.

"Tarda catro horas e media polo menos, onte que viñemos nun viaxe rápido, é que entramos en Galicia e semella que percorremos media Galicia ata que chegamos a Vigo no tren", conta sorprendida unha rapaza de Córdoba, mentres que outra veciña de Vigo protesta: "Debemos ter a mesma comunicación que o resto de España, de cidades ou de autonomías, tanto me ten".

Os usuarios quéixanse dos atrasos e incidencias, como o de hoxe, en que o tren que tiña que chegar de Madrid ás 12 e media da mañá avariouse no Carballiño e os viaxeiros tiveron que rematar o percorrido a Vigo en autobús. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade