Os sindicatos piden medidas para controlar os prezos e subas salariais
O Partido Popular asegura que hoxe os cidadáns españois teñen menos poder adquisitivo
Os sindicatos tamén poñen o foco no prezo dos alimentos, e lamentan que o respiro na inflación apenas lles afecte.
E ante iso, ante a perda do poder adquisitivo dos españois, dende a UXT reclaman á patronal unha suba dos salarios.
En Comisións Obreiras preocupa a inflación subxacente pola súa incidencia nos prezos dos alimentos. Piden ao Goberno medidas eficaces para baixar o prezo da cesta da compra.
Dende o Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo asegura que hoxe os cidadáns españois teñen menos poder adquisitivo.
Núñez Feijóo volve lamentar que o Goberno non aceptase as propostas do Partido Popular para reducir o IVE do peixe, carne e conservas; e ante un Executivo que cada vez recada máis en impostos. As familias, asegura Núñez Feijóo, seguen ao límite para chegar a final de mes e reivindica un bo modelo de crecemento económico.