Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os pactos entre PP e Vox e a economía seguen a centrar o debate entre o PSOE e o PP

Os pactos entre PP e Vox e a economía seguen a centrar o debate entre o PSOE e o PP

A voceira socialista, Pilar Alegría, sostén que o PP e Vox asinan pactos "desde a escuridade" e insta a Feijóo a aclarar o seu sobresoldo

O líder do PP critica que o Goberno diga que "a economía vai como unha moto" mentres España acapara varios récords negativos

G24.gal 01/07/2023 15:02 Última actualización 01/07/2023 15:16

Breve comparecencia informativa da voceira socialista, Pilar Alegría, pero cun amplo abano de temas. Enviou unha mensaxe de solidariedade co Orgullo Gay e dixo que a tolerancia está sendo secuestrada nos edificios públicos polos pactos entre PP e Vox.

Cualificou eses acordos en Estremadura de "esperpento esmagador" e deixou toda unha batería de críticas para Feijóo, cuestionando algunhas das súas afirmacións.

 "É verdade que cando un escoita a Feijóo axiña te dás de conta de que o mesmo lle dá 'atún que betún', depende do día e depende do momento e, sobre todo, depende do que lle conveña a el. Onde quedou aquilo de que goberne a lista máis votada?".

Núñez Feijóo falou hoxe de propostas para o sector agrario en Gimenells, o único concello de Lleida no que o PP ten maioría absoluta. Alí asegurou que a xente do campo perdeu un 11 % de renda nesta lexislatura mentres o Goberno di que "a economía vai como unha moto".

"A economía española vai coma unha moto e resulta que somos o segundo país que menos creceu da Unión Europea desde o ano 2019, o primeiro país en paro, o primeiro país en paro xuvenil, o segundo país en paro feminino, o país que máis incrementou a súa débeda e o déficit".

Entre outras medidas para o sector agrario, propuxo unha baixada impositiva, a revisión da PAC, programas de modernización e axuda, e falou tamén da necesidade de investir 40.000 millóns de euros en políticas hidrolóxicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade