O gabinete de Rueda celebra este luns o seu primeiro Consello da Xunta
Os conselleiros e conselleiras tomarán posesión dos seus cargos a partir das 10:00 horas
Alfonso Rueda asinou este domingo o decreto coa nova estrutura do executivo galego
O Diario Oficial de Galicia publica este luns a estrutura dos órganos de goberno da Xunta, tras a firma do decreto por parte do presidente Alfonso Rueda.
Ese é o paso previo para que os conselleiros e conselleiras tomen posesión dos seus cargos, acto que está previsto tamén para este luns.
Será no Salón Nobre do Pazo de Raxoi a partir das dez da mañá. O acto estará presidido por Alfonso Rueda. Ao remate da toma de posesión celebrarase o primeiro Consello da Xunta do novo Goberno.
Nova estrutura
-Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: Francisco Conde López
-Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Diego Calvo Pouso
-Consellería de Facenda e Administración Pública: Miguel Corgos López-Prado
-Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: Ángeles Vázquez Mejuto
-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: Ethel Vázquez Mourelle
-Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Román Rodríguez González
-Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: María Jesús Lorenzana Somoza
-Consellería de Sanidade: Julio García Comesaña
-Consellería de Política Social e Xuventude: Fabiola García Martínez
-Consellería do Medio Rural: José González Vázquez
-Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo