Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda incorpora a Diego Calvo como vicepresidente segundo e mantén a titularidade das consellerías

Rueda incorpora a Diego Calvo como vicepresidente segundo e mantén a titularidade das consellerías

O novo executivo conserva a estrutura de dúas vicepresidencias e nove consellerías

Só se incorporan algunhas modificacións na configuración dos departamentos

 

Alfonso Rueda asinou este domingo o decreto coa nova composición do Executivo
G24.gal 15/05/2022 12:08 Última actualización 15/05/2022 20:02

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou este domingo o decreto polo que se establece a estrutura dos órganos de goberno galego e que se publicará este luns no Diario Oficial de Galicia.

O novo executivo mantén a estrutura de dúas vicepresidencias (a vicepresidencia primeira será agora a económica) e nove consellerías, pero incorpora algunhas modificacións na configuración dos departamentos.

Continuarán, ademais, os titulares de todas as consellerías, coa incorporación na vicepresidencia segunda de Diego Calvo.

Alfonso Rueda con Diego Calvo Alfonso Rueda con Diego Calvo

Nova estrutura

A estrutura da nova Xunta estará conformada do seguinte modo e coa seguinte orde de prelación:

-Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: Francisco Conde López

-Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Diego Calvo Pouso

-Consellería de Facenda e Administración Pública: Miguel Corgos López-Prado

-Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: Ángeles Vázquez Mejuto

-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: Ethel Vázquez Mourelle

-Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Román Rodríguez González

-Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: María Jesús Lorenzana Somoza

-Consellería de Sanidade: Julio García Comesaña

-Consellería de Política Social e Xuventude: Fabiola García Martínez

-Consellería do Medio Rural: José González Vázquez

-Consellería do Mar: Rosa Quintana Carballo

Modificacións

Entre outras novidades, Turismo pasa a depender da Presidencia da Xunta, como mostra da prioridade que se lle dá a esta área para esta década xacobea.

En materia económica, a vicepresidencia primeira será a encargada de coordinar toda a acción do Goberno neste eido, así como a política industrial.

Ademais, no novo organigrama evidénciase a aposta pola xuventude e a formación profesional incluíndo as súas denominacións no nome das súas respectivas consellerías.

Cómpre recordar que, en tanto non se proceda ao desenvolvemento da estrutura deste decreto, os órganos superiores e de dirección existentes manterán a súa estrutura e funcións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade