Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oportunidade para os menos habituais no intranscendente partido diante de Albania

Oportunidade para os menos habituais no intranscendente partido diante de Albania

"Quédanos moito para semellarnos ao equipo de 2008, aínda que temos moita marxe de mellora", asegurou na conferencia de prensa previa ao partido Luis de la Fuente

G24.gal 23/06/2024 20:26

Como no 2008, cando España iniciou o seu meirande ciclo glorioso coa conquista dunha Eurocopa co selo de Luis Aragonés, un inicio firme permítelle ao seleccionador mudar a cara do seu equipo, dar descansos e facer que todos os xogadores convocados se sintan importantes. 

O obxectivo diante de Albania, unha vez selado o paso aos oitavos de final como líder do Grupo B, é manter o nivel. España ten que conseguilo sen o desborde dos dous extremos, Yamal e Williams, que serán reservados para que se atopen en plenitude para os oitavos de final o 30 de xuño. 

Poucos se manterán da estrutura de Croacia e Italia. Pode que Laporte, ao que lle virá ben recuperar o ritmo de competición e diante do problema muscular de Nacho Fernández. Tamén son baixa Ayoze, por un problema muscular, e Rodri Hernández, por sanción. 

Sen Rodri, a responsabilidade no centro do campo será para Zubimendi. Outra novidade pode ser a de Raya na portería ou Jesús Navas, que aos seus 38 anos e 7 meses pasará a ser o xogador máis veterano que disputa minutos nunha Euro coa selección española. 

A carón deles Vivian, Grimaldo, Merino, Ferrán Torres, Olmo, Baena, Fermín, Oyarzábal, o silledense Joselu Mato .... todos eles poderían ter minutos e tentar aproveitar a oportunidade dun partido de primeiro nivel internacional pero sen transcendencia para a clasificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar