Publicador de contidos

O sociademócrata Scholz será chanceler de Alemaña cun tripartito inédito

O sociademócrata Scholz será chanceler de Alemaña cun tripartito inédito

A coalición que pon fin á era Merkel tomará posesión a segunda semana de decembro

G24.gal 24/11/2021 18:09

Socialdemócratas, verdes e liberais pecharon un acordo de Goberno con Scholz como chanceler. A coalición tripartita que pon fin á era Merkel tomará posesión a segunda semana de decembro.

O socialdemócrata Olaf Scholz estará á fronte dun tripartito inédito a escala federal en Alemaña, que ademais terá que estrearse no momento crítico da pandemia. 

Uns 59 días despois de que o seu Partido Socialdemócrata gañara as eleccións xerais cun 25,7 por cento dos votos fronte ao 24,1 % do bloque conservador, Alemaña xa conta por fin coa nova formación de goberno.

O aumento do salario mínimo interprofesional —dos 9,5 euros por hora actuais a 12— e a creación dun Ministerio da Vivenda son dous puntos esenciais de selo socialdemócrata, mentres que os ecoloxistas dirixirán a transición a unha economía verde e os liberais marcarán a súa pauta en Finanzas.

A loita contra a covid–19, con todo, é asunto prioritario "nuns momentos en que día a día asistimos a unha nova máxima de incidencia", dixo Scholz, que se referiu ao proxecto de lei para implantar a vacinación voluntaria en sectores profesionais esenciais, como persoal sanitario e de atención a persoas vulnerables.

A lista dos ministros darase a coñecer nos próximos días, xa que a súa designación corresponde formalmente a cada partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos