Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Vaticano confirma que tentou un acordo con Maduro para o seu exilio de Venezuela

O Vaticano confirma que tentou un acordo con Maduro para o seu exilio de Venezuela

O secretario de Estado, Pietro Parolin, confirmou que buscaron unha solución "que evitase calquera derramamento de sangue"

REUTERS/Adam Gray REUTERS/Adam Gray
G24.gal 18/01/2026 12:45

O secretario de Estado, Pietro Parolin, confirmou que o Vaticano traballou para conseguir unha solución "que evitase calquera derramamento de sangue, tamén un acordo con Maduro e outros representantes do réxime, pero isto non foi posible".

"Tentaramos o que tamén apareceu nalgúns xornais", dixo Parolin  á marxe dun acto en referencia indirecta ao que escribiu o Washington Post sobre a súa intervención para conseguir un salvoconducto para Nicolás Maduro, antes de que fose detido por Estados Unidos e agregou: "Sempre apoiamos unha solución pacífica, pero tamén nós atopámonos ante un feito consumado, ante unha situación de feito".

Explicou que agora a situación no país "é de grande incerteza" e desexou "evolucione cara á estabilidade, cara a unha recuperación económica porque a situación é moi precaria, a xente sofre".

O 'número dous' do Vaticano tamén afirmou que agora "é necesaria unha democratización do país".

Aínda que Parolin non deu detalles, o diario The Washington Post publicou o pasado 9 de xaneiro que o Estado pontificio tratou de negociar unha oferta de asilo en Rusia para o presidente venezolano.

O papa León XIV aludiu en varias ocasións á crise en Venezuela, a última este venres durante o seu longo discurso ante o corpo diplomático acreditado ante a Santa Sé, cando pediu que se respecte a vontade do pobo venezolano e se busquen solucións pacíficas afastadas de "intereses partidistas".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade