Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tren de borrascas de impacto frea un pouco pero deixa moito por facer

O tren de borrascas de impacto frea un pouco pero deixa moito por facer

O vento causou importantes estragos este sábado e as inundacións de días anteriores manteñen centos de persoas desaloxadas

G24.gal 15/02/2026 14:34

Oriana remite pero aínda ten este domingo varias comunidades en aviso, a maioría por vento.

Se ben non sopra tanto coma onte, en boa parte do leste peninsular prognostícanse refachos de entre 70 e 80 quilómetros por hora e recoméndase prudencia.

Este sábado morreu un home na provincia de Córdoba ao lle caer unha árbore enriba. Un bebé de oito meses tamén tivo que ser evacuado a un hospital en Málaga pola caída dunha póla.

Tamén hai avisos por aludes nos Pirineos; por ondas e vento no mar, no Mediterráneo e en parte do litoral galego e asturiano; e por chuvia, nas provincias da Coruña e de Pontevedra.

O tren de borrascas de alto impacto frea, polo menos ata mediados de semana. Deixa atrás, porén, moito por facer. Toda a auga que trouxo mantén en alerta vermella varios ríos e só en Andalucía máis de 2.800 desaloxados.

Esta fin de semana aínda se fixeron novas evacuacións nas provincias de Soria e de Valladolid, pola enchete do Douro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade