Publicador de contidos

Publicador de contidos

O talento do Celta contra a solidez do Xetafe (esta noite ás 21:00, TVG)

O talento do Celta contra a solidez do Xetafe (esta noite ás 21:00, TVG)

Despois de tres partidos sen gañar o cadro celeste busca reencontrarse co triunfo en Balaídos

Os visitantes son os reis do empate con sete igualadas en once partidos

Fer López entra nunha lista da que caen por lesión Swedberg e Durán

G24.gal 03/11/2024 12:24 Última actualización 04/11/2024 16:51

O Celta volve a Balaídos (luns, 21:00 horas, Televisión de Galicia | agalega.gal) para reencontrarse coa vitoria como local. No seu campo comezou moi ben o campionato, con tres vitorias consecutivas pero agora leva tres encontros nos que só sumou un punto. Ben é certo que visitaron o feudo celeste tres equipos que están na Champions (Atlético, Xirona e Real Madrid) e que as sensacións foron moito mellores que os resultados. 

Claudio reservou o groso dos titulares no compromiso copeiro. Dos que poderían entrar nun once titular só empregou a Damián e semella de o de Ponteareas quedará no banco de suplentes. Non entran na convocatoria os mancados Jailson de Luca de la Torre e o porriñés xa está a conformar unha base sólida no cadro titular, algo que non fixera nos dous primeiros meses de competición. 

Giráldez deixou na casa evitando a viaxe a Marbella a Iago Aspas, Borja Iglesias, Hugo Álvarez, Starfelt ou Beltrán, dos cinco xogadores máis castigados polos minutos xogados. Tampouco foi coa expedición Williot, con problemas físicos, e que non entrou na convocatoria. Durán tampouco está nunha lista na que entra Fer López. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar