Cargando resultados...
O sueco Swedberg visita Vigo para decidir se ficha polo Celta
Terá que decidir entre a oferta do equipo galego e o Bruxas belga
G24.gal
02/06/2022 12:40
Ten dezaoito anos e é a promesa do fútbol sueco. Williot Swedberg ten grandes opcións de fichar polo Celta. Swedberg está en Vigo para coñecer a entidade celeste, a cidade deportiva Afouteza. Logo terá que decidir entre as dúas ofertas que lle chegaron: as do Celta e do Bruxas belga.
Swedberg é un centrocampista con gol que pertence ao Hammarby, que pide cinco millóns de euros polo seu traspaso.