Publicador de contidos

Publicador de contidos

A segunda volta para poñer a cuarta dose comeza o luns nos centros de saúde

A segunda volta para poñer a cuarta dose comeza o luns nos centros de saúde

O Sergas volverá citar as persoas maiores de 85 anos que non acudiron aos grandes recintos 

A directora xeral de Saúde Pública asegura que puxeron a domicilio 2.400 unidades desta vacina

Carmen Durán cifra en 1.110 as nenas e nenos de 5 a 59 meses que recibiron o soro contra a gripe

Xente facendo cola para vacinarse na Cidade da Cultura
G24.gal 15/10/2022 09:53 Última actualización 15/10/2022 12:03

A semana que vén empezará a segunda convocatoria nos centros de saúde para vacinar coa cuarta dose contra a covid aos maiores de 85 anos que non puideron trasladarse aos centros de vacinación masiva. A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, confirmouno nunha entrevista na Radio Galega.

Explicou tamén no Galicia por diante fin de semana, que este luns 17 de outubro está previsto que remate a administración desta segunda dose de reforzo no tramo de idade de 80 a 84 anos. 

"Xa terminamos o chamamento das persoas de 85 e máis anos en grandes recintos, entón iniciamos a próxima semana a súa recaptación en centros de cabeceira e cando terminemos a citación das persoas de 80 a 84 -que esperamos terminar o día 17- xa nos poremos á planificación do seguinte treito".

Carmen Durán explicou que se vacinaron coa cuarta dose ata o momento 136 mil persoas de máis de 60 anos. Ademais, 2.400 maiores recibiron a dose de reforzo nos seus domicilios.

A semana que vén, indicou, intensificarase a vacinación a domicilio nas distintas áreas sanitarias do país sempre seguindo un "criterio clínico", destacou. 

Vacinación infantil contra a gripe

A directora xeral de Saúde Pública anima os pais e nais a vacinar os nenos de entre 5 meses e 59 meses contra a gripe. Dende que se iniciou esta semana a campaña xa se vacinaron en Galicia 1.120 cativos dos 70.000 que abrangue ese grupo de idade diana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade