O sector pesqueiro pídelle ao Goberno que rebaixe o IVE dos produtos do mar
O sector pesqueiro pídelle ao Goberno que rebaixe o IVE dos produtos do mar
Pedíronllo directamente a Pedro Sánchez a través dunha carta
Advirten dos riscos para a saúde dos consumidores e dos prexuízos económicos para o sector
Malia os seus beneficios para a saúde, o peixe é o alimento que máis retrocede na cesta da compra, cunha caída das vendas próxima ao 15 por cento. Os produtos do mar son dos que máis encareceron durante o último ano.
O sector reacciona e reclama ao Goberno central que inclúa o peixe na lista dos produtos básicos aos que se lles aplica a rebaixa do IVE. Os produtos do mar están suxeitos ao dez por cento do IVE e non se consideran de primeira necesidade.
O sector pesqueiro advirte dos riscos que ten para a saúde reducir o consumo de peixe. Agardan que o executivo central reconsidere a súa decisión e lembran a recomendación do Ministerio de Consumo, que aconsella comer peixe tres días á semana.