O Rácing logra o seu segundo mellor inicio na segunda división
Con Cristóbal chegou aos 26 puntos en 15 xornadas
Mellora aquel gran comezo do equipo de Luis César que lograra 24 puntos en 15 xornadas
Con 26 puntos en 15 xornadas, o Rácing asina o seu segundo mellor inicio na segunda división. Supera, se atendemos ás últimas décadas, aquel gran comezo do equipo adestrado por Luis César. Na temporada 2001-2002 lograra 24 puntos en 15 xornadas. Daquela un dos goleadores era o ferrolán Fran Nogueira.
"Iamos por todas desde o principio"
Fran Nogueira traballa hoxe en día en Fene. É optimista co actual Rácing.
"Este Rácing quedará en metade de táboa".
O Rácing é quinto clasificado, con 26 puntos en 15 xornadas. Mais o récord é daquel histórico Rácing que estivo preto de subir á Primeira, o da temporada 68-69, con 31 puntos, 10 vitorias e 1 empate, nos 15 primeiros partidos de liga.