Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE xustifica a ausencia dos baróns autonómicos na convención de Valencia

O PSOE xustifica a ausencia dos baróns autonómicos na convención de Valencia

Yolanda Díaz confirma que non está a negociar con Podemos unha coalición para as xerais

Ione Belarra di que chegan ao 28-M cos deberes feitos e con máis candidaturas de unidade ca nunca 

Os baróns autonómicos do PSOE non arrouparán a Pedro Sánchez esta fin de semana en Valencia
G24.gal 13/04/2023 14:30

Os socialistas celebran esta fin de semana en Valencia o último grande acto de partido antes do 28-M. Unha conferencia municipal en que non haberá foto de unidade ao redor de Pedro Sánchez. A día de hoxe, a maioría dos baróns autonómicos do PSOE non asistirán. 

Os líderes autonómicos aducen razóns de axenda. Ferraz xustifica a ausencia porque di "que o foco está no municipal e o protagonismo recaerá nos alcaldes e concelleiros".

Á esquerda do PSOE, o río anda moi revolto. Yolanda Díaz, confirma o que se intuía, que "a día de hoxe non está a negociar con Podemos ningunha fórmula de unidade para as eleccións xerais". Di que non o fará polo menos ata que pasen as eleccións municipais e autonómicas.  

O que non concreta é a que candidatos vai apoiar nesta campaña electoral. Asegura que "o seu equipo está a analizar todas as propostas" pero que a decisión non está tomada e lamenta "a fragmentación das candidaturas no espazo a esquerda do PSOE. "A verdade é que non llelo estamos poñendo moi doado aos cidadáns", recoñece. 

A líder de Sumar endurece o ton, pero os morados tampouco se encollen. A Secretaria Xeral de Podemos insiste en pedirlle que apoie os seus candidatos porque "están en xogo moitos gobernos locais e autonómicos".

Belarra lémbralle á líder de Sumar que chegan ao 28-M "cos deberes feitos e con máis candidaturas de unidade ca nunca. Agora ten que ser Yolanda quen decida se quere liderar unha candidatura de unidade para as xerais". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade