Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE exhibe cifras económicas e o PP fala dun Goberno que "é un pesadelo"

O PSOE exhibe cifras económicas e o PP fala dun Goberno que "é un pesadelo"

María Jesús Montero denuncia que o Partido Popular se apuntou ao "catastrofismo indocumentado"

Ione Belarra pídelle a Yolanda Díaz que apoie a Unidas Podemos para os comicios do 28-M 

Elías Bendodo di que "o PSOE vai ser a maior vítima do sanchismo" e que iso se verá xa nas eleccións de maio

G24.gal 09/04/2023 15:07 Última actualización 09/04/2023 15:23

Repaso á situación económica de María Jesús Montero. Explica que o primeiro trimestre rematou cun récord histórico de emprego, que melloraron os datos de inflación, do produto interior bruto e os prezos da enerxía. Di que iso contrasta coa visión do PP:

"Un partido que se apuntou ao catastrofismo indocumentado, onde sen ningún tipo de evidencia, día si e día tamén, o que van anunciando son prognósticos agoireiros, as lentes escuras, ámbitos grises que nada teñen que ver coa realidade".

A líder de Podemos, Ione Belarra, participaba nunca carreira de precampaña no Retiro madrileño e desde alí fixo un chamamento á unidade con Sumar e pediulle a Yolanda Díaz que apoie a Unidas Podemos con vistas ao 28-M.

"Debe ser Yolanda quen decida se quere ser a candidata da unidade, a candidata do conxunto do espazo. Eu pedinlle publicamente á vicepresidenta e fágoo hoxe de novo desde aquí que faga campaña polo espazo de Unidas Podemos, polos candidatos e candidatas de Unidas Podemos".

Desde o PP, Elías Bendodo di que Pedro Sánchez só pode ofrecerlles un novo goberno Frankestein aos españois. Sostén que Sumar é un "xogo de trampulleiros" do líder do PSOE e que as eleccións de maio serán unha moción de censura para un executivo incumpridor.

"Un Goberno que dixo que non ía indultar os golpistas de Cataluña e fíxoo, un Goberno que dixo que ía tipificar o referendo ilegal como un delito e non o fixo, un Goberno que eliminou a sedición debilitando o noso Estado"
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade