O presidente do Arenteiro pídelle á Xunta un esforzo para mellorar Espiñedo
Foi na recepción oficial do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao equipo do Carballiño
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu este martes ao Club Deportivo Arenteiro polo seu ascenso á Primeira Federación, terceira categoría a nivel nacional, tras unha "excepcional tempada".
Alfonso Rueda destacou o ascenso do Arenteiro como "unha vitoria moi importante para Galicia". Un ascenso a Primeira RFEF e Copa Federación gañada no pasado mes de novembro foron os éxitos do equipo carballiñés.
O presidente da Xunta tamén quixo enxalzar a importancia de “saír a xogar co nome de Galicia por toda España”:
“Galicia é un grande equipo porque se compón doutros grandes equipos que entre todos facedes esta terra”, dixo Roda destacando o valor do Arenteiro para Galicia.
O presidente do Arenteiro, Argimiro Marnotes, aproveitou o acto para pedir un esforzo para mellorar o estadio do Espiñedo:
"Modernizar... facer un campo novo. Necesitamos un campo duns 4.000 espectadores que poidan estar sentados, non amoreados".