Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez promete ante Boric tentar pechar este semestre o novo acordo UE-Chile

Sánchez promete ante Boric tentar pechar este semestre o novo acordo UE-Chile

Gabriel Boric inicia en Madrid a xira europea que o levará ao cumio UE-CELAC

O presidente español destaca a relación estratéxica entre os dous países

G24.gal 14/07/2023 15:03

O presidente de Chile arranca en España a súa primeira xira europea. Gabriel Boric vai participar a próxima semana en Bruxelas no cumio entre os líderes europeos e a Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños.

Como paso previo, Boric reuniuse esta mañá con Pedro Sánchez na Moncloa, onde asinaron tres acordos e coincidiron en destacar a importancia das relacións bilaterais: "Chile é un dos seis países cos que España mantén unha relación estratéxica en América Latina e o Caribe, por iso aprobamos acordos para relanzar as nosas consultas políticas e afondar en asuntos de interese común", explicou o xefe do Executivo.

Sánchez tamén se comprometeu ante Boric a tentar pechar durante o semestre de presidencia española do Consello da UE a actualización do acordo existente entre a Unión Europea e Chile.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar