Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP tacha a Sánchez de "trileiro" por ocultar os datos dos fixos descontinuos que non traballan

O PP tacha a Sánchez de "trileiro" por ocultar os datos dos fixos descontinuos que non traballan

Os sindicatos din que os datos do paro demostran que a reforma laboral mellorou a cantidad e calidade do emprego

Os autónomos de ATA din que 2022 non foi un bo ano para o emprego deste colectivo

O Goberno presenta os datos do paro do 2022 coma un éxito da súa política

A secretaria xeral do PP di que non hai razóns para celebrar os datos do paro de 2022
G24.gal 03/01/2023 14:25

O mercado laboral foi das variables económicas que mellor resistiu o ano pasado, pero as lecturas sobre a súa saúde son moi distintas segunda a óptica. 

Os sindicatos ven luces: Comisións Obreiras e UXT coinciden no seu diagnóstico; a reforma laboral permitiu mellorar "tanto a cantidade coma a calidade do emprego". 

Os autónomos ven sombras: din que o 2022 non foi un "bo ano para o emprego deste colectivo", Segundo ATA, o máis grave é que o dato "vai empeorar co paso dos meses".  

O PP pídelle ao Goberno que abandone o triunfalismo e depure as estatísticas. A clave e a polémica para eles, ten nome e apelidos. Fixos descontinuos. A secretaria xeral do PP, Cuca Gamarra tacha de "trileiro"a Pedro Sánchez por ocultar os datos dos traballadores fixos descontinuos que non están a traballar para non "incluílos nas estatísticas oficiais".

O Goberno insiste en que non hai "nin ocultación nin cambio estatístico". O secretario de Estado de Emprego e Economía Social, Joaquín Pérez Rey, asegura que este tipo de contrato se contabiliza e se rexistra como se fixo sempre e que non se dan os datos de traballadores sen actividade porque "as estatísticas non están depuradas e non son fiables".

Organismos coma Fedea ou o servizo de estudos do BBVA reclaman un novo indicador. Piden contabilizar o paro efectivo e non o rexistrado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade