Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP pídelle ao ministro de Transportes que rectifique e recupere as frecuencias do AVE suprimidas na Gudiña

O PP pídelle ao ministro de Transportes que rectifique e recupere as frecuencias do AVE suprimidas na Gudiña

Óscar Puente di que supliu a eliminación de frecuencias cun aumento de prazas

G24.gal 16/09/2025 18:43 Última actualización 16/09/2025 20:15

O Partido Popular pídelle ao ministro de Transportes que recupere as frecuencias do AVE suprimidas na estación da Gudiña ou que busque solucións alternativas para os pasaxeiros.

Así se dirixía a Óscar Puente Rosa María Sánchez Gándara, senadora do PP: "Os ourensáns non somos cidadáns de segunda, non somos perdedores. Os ourensáns pagan os seus impostos e non poden permitir este prexuízo irreparable sen solucións alternativas, porque é un dereito constitucional. Rectifique a súa decisión, que pode facelo. Non condene ao ostracismo ferroviario gran parte da provincia de Ourense".

O ministro de Transportes respondeulle: "Pasamos de 56 frecuencias semanais a 41. Xa quixeran moitos territorios de España e moitos municipios similares á Gudiña, e con moita menos poboación, ter 41 frecuencias de AVE á semana. Son 15 menos que o ano pasado, pero son 41 máis das que había cando vostedes gobernaban".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade