Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP intenta evitar unha segunda votación da lei de amnistía

O PP intenta evitar unha segunda votación da lei de amnistía

Pídelle a Armengol que a paralice, e avisa de que se non o fai, pedirá amparo ao Tribunal Constitucional 

Junts rexeita a opción de blindar a Puigdemont reformando o terrorismo no Código Penal

Pedro Sánchez está convencido que con esta lei os xuíces amnistiarán todos os independentistas
G24.gal 02/02/2024 13:49

Nin unha hora calma. A lei de amnistía non dá respiro. Agora xorden dúbidas sobre se pode volver votarse no pleno ou hai que volver tramitala desde cero. O Partido Popular pídelle a presidenta do Congreso, Francina Armengol  que free a devolución da lei á Comisión de Xustiza.

Segundo argumentan, a lei "xa foi votada e rexeitada pola maioría absoluta do pleno", polo que agora debería volver á casa de saída, é dicir, comezar unha nova tramitación desde cero. A Mesa do Congreso tomará a decisión o vindeiro martes, pero fontes da presidencia da Cámara xa avanzan que a solicitude non ten "ningunha base".

O Goberno segue coa folla de ruta e redobra a presión a Puigdemont. "É o momento de dar o paso", lémbralle Pedro Sánchez. Sánchez pídelle un si coa lei tal e como está.  Non considera necesario facer máis cambios, porque defende que xa garante o perdón para todo o independentismo. "O independentismo catalán non é terrorismo. E así ao final o dirán os tribunais, que van estar todos os independentistas cataláns amnistiados", dixo onte en Bruxelas. 

Unha opinión, a do terrorismo, que comparte o fiscal do caso Tsunami.  No último escrito carga contra o xuíz García-Castellón. Critica as súas incongruencias e insiste en que non hai terrorismo. 

Pero os neoconverxentes non queren confianzas e esixen cambios. Insisten en eliminar do texto as referencias ao terrorismo e ao delito de alta traizón. Buscan blindar a Puigdemont pero tamén a centos de persoas investigadas no caso Tsunami Democratic. E non aceptarían unha das propostas alternativas que lle puxo enriba da mesa do PSOE: deixar a lei como está e reformar o terrorismo no Código Penal.

Esta posición de Junts per Catalunya está a recibir fortes críticas desde a outra fronte independentista, ERC. O "Govern" acusa a Junts de deixar a "mil familias esnaquizadas" coa súa negativa do pasado martes. 

O PP arremete contra o Goberno. Denuncia que as palabras de Sánchez son unha clara interferencia do poder executivo no lexislativo. Feijóo pídelle ao presidente do Goberno que non se queira converter en xuíz do Tribunal Supremo e lémbralle, que en España, os que cualifican os delitos son os tribunais. 

Malia a presión do PP e as dificultades de entenderse con algúns socios, a coalición de Goberno no ve perigar a lexislatura. "Os únicos capaces de gobernar e xestionar esta lexislatura tan complexa somos nós", conclúe Pedro Sánchez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade