Cargando resultados...
O porteiro Ryan, outra peza que podería encaixar na operación de Brais
A necesidade dun porteiro fai que o australiano entre nas conversas
Outro xogador que está no debate é o dianteiro Lobete

G24.gal
06/07/2022 08:20
O acordo entre Brais Méndez, o Celta e a Real Sociedade é total. Só falta darlle a forma definitiva no tocante a pagamentos ou intercambio de xogadores. Segundo apuntan os compañeiros do Diario Vasco, o nome de Matt Ryan apareceu pola necesidade do Celta de asinar un porteiro logo da marcha de Dituro.
Ryan foi asinado pola Real Sociedade a temporada pasada pero estivo á sombra de Dituro. Este ano quere cambiar o seu rol co que pode ser o seu terceiro Mundial no horizonte. Falamos dun porteiro moi experimentado (30 anos), que pasou polo Bruxas, Valencia, Genk, Brighton e Arsenal antes de chegar a Donosti.