Cargando resultados...
O porteiro arxentino Marchesín desvincúlase do Celta
O gardameta continuará a súa carreira no Gremio brasileiro
Foto @RCCelta
G24.gal
10/01/2024 17:57
Última actualización 10/01/2024 18:45
O porteiro arxentino Agustín Marchesín desvinculouse este mércores do Celta, co que tiña contrato ata o 30 de xuño de 2025, informou o club galego a través dun comunicado de prensa.
Marchesín, campión da Copa América 2021 coa selección albiceleste, chegou a Balaídos no verán de 2022 procedente do Porto. Foi titular ata que en febreiro de 2023 sufriu unha rotura de tendón de Aquiles que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante dez meses.
A desvinculación do gardameta, que continuará a súa carreira no Gremio brasileiro, permitirá ao Celta liberar unha pequena parte da súa masa salarial para reforzar o equipo neste mercado invernal.