Publicador de contidos
Publicador de contidos

O porriñés Iago Martínez sobe por primeira vez ao podio en MX250

O porriñés Iago Martínez sobe por primeira vez ao podio en MX250

O triunfo na primeira manga no GP de Francia permitiulle acadar o éxito

G24.gal 05/06/2022 12:14

O piloto porriñés Iago Martínez subiu por primeira vez ao podio nunha proba de MX250. Conseguiuno no Grande Premio de Francia grazas á súa gran vitoria na xornada do sábado. A segunda manga non foi tan brillante (acabou no 12º posto) pero os puntos sumados na primeira carreira permitíronlle acadar o éxito. 

Campión de España sub-18, Iago é outra das grandes promesas do motocrós galego. Participou nalgunha proba do MX2 (antesala do MXGP no que están Jorge Prado e Rubén Fernández) pero está asentado no Campionato Europeo de MX250.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos