Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra golea e mantenlle o pulso ao líder (4-1)

O Pontevedra golea e mantenlle o pulso ao líder (4-1)

G24.gal 30/01/2022 18:59

Undécimo triunfo na tempada do Pontevedra de Ángel Rodríguez. Os granates golearon ao Móstoles e manteñen as súas opcións de loitar polo liderado (Unión Adarve).

Logo dun dominio inicial visitante, suxeitado sobre todo por Pablo Cacharrón, o Pontevedra atopou o gol practicamente no primeiro tiro a porta. Pero o colexiado anuloulle o gol a Alberto Rubio. 

Porén, practicamente na xogada seguinte Charles con algo de fortuna conseguía adiantar aos da beira do Lérez. E a partir diso o dominio foi total, e co segundo gol de Brais Abelenda cunha definición con picadiña maxistral marcharon o descanso.

Na segunda parte máis do mesmo, practicamente no primeiro achegamento do Pontevedra, e despois de que o Móstoles reclamara penalti, Álex González conectou un gran disparo coa perna mala para marcar o 3-0.

Alexander daría azos ao Móstoles cun gol no minuto 87, pero o canteirán Iñaki Martínez pechou o partido co definitivo 4-1.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade