Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PIB medra un 0,4 % no segundo trimestre tras recuperarse o consumo

O PIB medra un 0,4 % no segundo trimestre tras recuperarse o consumo

O crecemento sustentouse na demanda nacional, consumo e investimento, que subiu 1,9 puntos

G24.gal 28/07/2023 09:17

A economía española avanzou un 0,4 % entre abril e xuño, unha décima menos respecto ao crecemento do primeiro trimestre (0,5 %), despois de que o consumo das familias repuntara con forza e pese ao esborralle das exportacións de bens e servizos.

O crecemento sustentouse na demanda nacional (consumo e investimento) que achegou 1,9 puntos, mentres que a demanda externa (exportacións e importacións) restou 1,5 puntos ao avance económico do primeiro trimestre, de acordo con os datos de contabilidade nacional publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Destaca a significativa recuperación do consumo dos fogares, que creceu un 1,6 % entre abril e xuño, cando o trimestre anterior caía o 1,4 %, en tanto que o investimento medrou un 4,6 %, sobre todo polo aumento do 7,3 % do investimento en vivenda e construción, fronte ao menor avance do investimento empresarial (1 %).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade