Publicador de contidos

Publicador de contidos

O penalti da discordia: unha falta en ataque que se converteu en pena máxima

O penalti da discordia: unha falta en ataque que se converteu en pena máxima

A xogada entre Nájera, do Fabril, e Piay, da Sarriana, converteuse na acción máis comentada do fútbol galego despois de que o colexiado asubiara penalti

G24.gal 01/12/2025 12:20

Corría o minuto 25 da segunda metade no partido entre a Sarriana e o Fabril, da Segunda Federación. Un balón dividido na área luguesa acabou cun choque entre Mario Nájera, do Fabril, e Javi Piay, da Sarriana. O defensa do equipo lugués toca primeiro o balón e Nájera impacta coa súa bota. O que era unha falta en ataque converteuse nun penalti asubiado polo árbitro diante da incredulidade dos xogadores locais. 

O adestrador da Sarriana, Dani Giménez, foi expulsado polas protestas. Piay e Santi Gegunde foron amonestados. A repetición da xogada (o partido podíase ver por Agalega.gal) non deixou lugar a dúbida e os protagonistas expresaron o seu sentir ao final do partido. 

Dani Giménez, adestrador da Sarriana, non sabía que dicir: "Agás o árbitro todas as persoas que estaban no campo vírono". Manuel Pablo, técnico do Fabril, recoñecía o erro na acción: "Non é penalti, teño que ser claro". Ata ese intre gañaban os locais por 1-0 e o camerunés Bil Nsongo aproveitou o penalti para igualar o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos