Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa Francisco sairá este sábado do hospital e presidirá a misa de Domingo de Ramos

O papa Francisco sairá este sábado do hospital e presidirá a misa de Domingo de Ramos

A súa intención, explican desde o Vaticano, é estar presente nos actos de Semana Santa, aínda que non os oficie

G24.gal 31/03/2023 12:52 Última actualización 31/03/2023 21:47

O papa Francisco sairá do hospital previsiblemente mañá, despois de superar hoxe unha serie de controis pola bronquite pola que tivo que ser ingresado o mércores, anunciou o portavoz da Santa Sé, Matteo Bruni.

"O regreso da súa Santidade a casa Santa Marta (a súa residencia) está previsto para a xornada de mañá, á luz dos resultados dos últimos controis realizados esta mañá", referiu Bruni.

Francisco, de 86 anos, pasou a súa segunda noite no hospital Gemelli de Roma por mor dunha bronquite e a súa intención é estar presente nos actos da Semana Santa, aínda que non os oficie. 

Segundo explicou Bruni nun comunicado, a tarde de onte pasouna "ben" no apartamento de uso exclusivo dos pontífices no Gemelli, cunha "evolución clínica normal", e ceou pizza.

Canda ao papa el médicos, enfermeiros, asistentes e o persoal de seguridade da Xendarmería vaticana.

A noite transcorreu "serenamente" para o pontífice arxentino e esta mañá, tras a súa segunda noite hospitalizado e como xa fixese o día anterior, almorzou, leu algúns xornais e seguido co seu traballo desde o hospital.

A Santa Sé informaba este xoves de que se lle diagnosticara unha bronquite de base infecciosa -ata entón era unha "infección respiratoria"- e que está a recibir un tratamento con antibióticos.

Esa terapia produciu "os efectos esperados cunha notable melloría do seu estado de saúde", indicou o portavoz vaticano.

Á espera da súa saída do hospital, o Vaticano prepara as moitas misas e ritos da Semana Santa co papa, a cabeza da Igrexa, aínda convalecente.

Francisco non oficiará misas, como a do Domingo de Ramos ou a do Domingo de Resurrección, aínda que si as presenciará, sendo substituído por cardeais no altar.

O propio Matteo Bruni confirmou que asistirá á misa de Domingo de Ramos e que se traballa en que o papa poida celebrar a Pascua.

Que o papa non oficie os actos pascuais non ocorría desde 2005, cando Xoán Paulo II, poucos meses antes de morrer, non puido dirixir as liturxias.

Con todo, segundo avanzan os medios, o pontífice arxentino si que impartirá a bendición Urbi et orbi e lerá o seu tradicional e esperado mensaxe desde a logia central da basílica de San Pedro polo Domingo de Resurrección.

Esta é a segunda vez que Francisco é ingresado neste hospital romano, despois de que o 4 de xullo de 2021 fora operado do colon, e permaneceu ingresado dez días nos que chegou a oficiar o Ángelus desde o balcón do centro sanitario.

Desde entón, o papa sufriu ademais un problema no xeonllo dereito que o obriga a andar con bastón ou en cadeira de rodas e asegurou en varias ocasións que non se quere operar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade