Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense dá un paso atrás contra o Oviedo Vetusta no Couto (1-2)

O Ourense dá un paso atrás contra o Oviedo Vetusta no Couto (1-2)

Os ourensáns adiantáronse por medio de Gabri Palmás

A entrada de Enol, autor dos dous goles, foi fundamental na remontada

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 19/02/2023 14:34

O Ourense Club de Fútbol deu un paso atrás nas súas aspiracións de ampliar a vantaxe cos postos de perigo da Segunda Federación. Foi nun partido no Couto en que fixo gala dunha maior efectividade co Oviedo Vetusta na primeira metade, pero no que acabou sufrindo a remontada dos asturianos.

Saíu mellor o filial ovetense ao partido, pero sen o acerto de cara á porta. As primeiras incursións non inquedaban a Marqueta e, na primeira que tivo o equipo de Rubén Domínguez, Gabri Palmás abría o marcador. Foi nunha acción iniciada por Amín que deixaba en vantaxe aos locais.

A decoración do partido non mudou. O Oviedo Vetusta seguiu buscando a porta rival pero non foi ata a entrada de Enos tras o descanso cando o seu dominio se traduciu no marcador. Ao cuarto de hora da continuación asinaba o gol do empate despois dunha contra.

Chegou entón unha das accións máis incribles do partido, cando Marqueta quedou tendido no campo, o árbitro non sinalou nada, e, con practicamente toda a portería para el, Mario Fuente estrelou o balón no pau.

Pero a acción quedou en anécdota porque, pouco despois, o Oviedo Vetusta consumaba a remontada. Foi logo dun penalti moi protestado polos locais, que transformou o propio Enol Coto no 1 a 2 que xa sería definitivo. O resultado permítelle adiantar na clasificación ao Ourense C. F., que queda preto do posto de play out.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade