Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense Club de Fútbol pecha a primeira volta cun triunfo sobre o Avilés (2-0)

O Ourense Club de Fútbol pecha a primeira volta cun triunfo sobre o Avilés (2-0)

Os das Burgas colócanse como líderes en solitario agardando o que faga o Pontevedra

Decidiron os goles de Gabri Palmás e Facu Ballardo

G24.gal 06/01/2024 18:44

O Ourense C. F. segue intratable, e acadou unha nova vitoria con moita solvencia diante do Avilés que lle permite deitarse como líder, é dicir, co campionato de inverno a tiro a expensas de que o Pontevedra non gañe mañá o derbi en Vilalba.

Foi un partido cómodo para os ourensáns, que dominaron totalmente na súa primeira metade. Sen ter ocasións moi claras, pero con constantes ataques e sen permitir ningún achegamento dos asturianos. O dominio íase plasmar no marcador pouco despois da media hora de xogo. Foi entón cando Gabri Palmás aproveitou un envío desde a dereita para rematar de xeito acrobático ao fondo da rede.

O equipo ourensán levaba o partido ao descanso con vantaxe e, nada máis volver dos vestiarios, volvía amosar a súa pegada. Gabri Palmás levaba unha contra pola dereita, e o seu servizo aproveitábao Facu Ballardo para establecer un 2-0 que, visto o escaso perigo creado polo Avilés, deixaba o partido case sentenciado.

O cadro asturiano estirouse á busca do gol, pero a ocasión máis clara mediada a segunda metade sería unha cesión a prol do Ourense que marchou ben preto do pau. Os de Rubén Domínguez non tiveron problemas para pechar o partido coa décima vitoria en 17 partidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar