Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. salva o empate contra o Polvorín (1-1) cando xogaba con 10

O Ourense C. F. salva o empate contra o Polvorín (1-1) cando xogaba con 10

Os dous goles do partido chegaron desde o punto de penalti

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 18/03/2023 21:46

O Ourense C. F. e o Polvorín empataron a un gol no Couto, resultado que non lles abonda para fuxir da zona perigosa da clasificación.

Os dous goles dun encontro que tivo poucas ocasións durante a primeira metade chegaron desde o punto de penalti. Ían dez minutos da segunda metade cando unha internada pola esquerda de Idrissa, o home máis perigoso do filial do Lugo, era freada por Isra. O árbitro non dubidou e sinalou os once metros. Desde alí establecía o 0-1 Iago Parga.

Despois chegou unha acción clave no partido. O colexiado permitiu volver ao campo a Ces Cotos, que lle fixo unha entrada por detrás a Rubén Sánchez. O xogador ourensanista alporizouse e deulle unha patada ao lugués, vendo o cartón vermello directo. Rubén Sánchez tivo que ser sacado do campo polos seus compañeiros, moi amolado.

Xogando cun home menos, o equipo de Rubén Domínguez foi quen de rescatar o empate. Logrouno Chica, tamén de penalti, a sete minutos para o final.

O Polvorín aínda tivo opcións de levar o triunfo no tempo engadido, con dous remates de Ces Cotos que non atoparon portería. Ao final, empate a uns no Couto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos