Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. perde co Zamora (0-1) e complica o seu futuro

O Ourense C. F. perde co Zamora (0-1) e complica o seu futuro

Un gol madrugador de Álex Ares decide o encontro

Na primeira parte foi expulsado Amín con cartón vermello directo

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 05/03/2023 19:36

O Ourense C. F. perdeu no Couto diante do Zamora, rival que se consolida nos postos de promoción de ascenso, e deixa ao equipo das Burgas mirando cara ao descenso. Cando faltan dez xornadas para que remate a Liga, os de Rubén Domínguez só teñen un colchón de dous puntos con respecto aos postos quentes, e tamén ao do play out que ocupa o Coruxo.

O partido decidiuse axiña, aos nove minutos cando Álex Ares anotaba o que sería único gol do partido. Os de Rubén Domínguez buscaron a igualada pero, aínda na primeira metade, ían quedar cun home menos. A culpa tívoa unha entrada de Amín no centro do campo que o colexiado castigou con cartón vermello directo.

A inferioridade numérica non lles sentou ben aos das Burgas que xa non foron quen de crear accións de verdadeiro perigo. A derrota é a terceira consecutiva, e complica o futuro do equipo ourensanista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos