Publicador de contidos

Publicador de contidos

O noruegués Strand Larsen viaxa cara a Vigo para negociar co Celta

O noruegués Strand Larsen viaxa cara a Vigo para negociar co Celta

Chega do Groningen, ten 22 anos e mide 1,93

G24.gal 31/08/2022 11:33 Última actualización 31/08/2022 12:12

Jorgen Strand Larsen achégase ao Celta. Viaxa arestora a Vigo para negociar co equipo galego. O punta do Groningen, que fixo 22 anos o pasado mes de febreiro, é un futbolista corpulento que domina o xogo aéreo grazas aos seus 193 centímetros de estatura e ten a portería entre cella e cella, sendo a finalización unha dos seus principais características. A súa chegada serviría para competir con Gonçalo Paciencia por ser o acompañante de Aspas, aínda que a aposta do club é clara para que se converta no dianteiro de referencia durante os próximos anos.

O dianteiro noruegués é unha aposta persoal de Luìs Campos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade