Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Noia logra un triunfo contra o Xota que lle permite soñar coa permanencia

O Noia logra un triunfo contra o Xota que lle permite soñar coa permanencia

O equipo galego empezou perdendo por 0-2 pero conseguiu remontar (4-2) e sentenciou no treito final (7-3)

G24.gal 14/02/2024 22:06

O Noia Portus Apostoli logrou unha vitoria fundamental contra o Xota (7-3) que lle permite manter as esperanzas de permanencia na LNFS. A vitoria do Ribera Navarra metíalle máis presión a un Noia que comezou o encontro perdendo por 0-2 (goles de Saldise e Eloy). 

Reaccionou o equipo galego, que empatou antes do descanso cun dobrete de Matheus Preá. E ao pouco de comezar a segunda parte, anotaron David Pazos e Machado. O Xota volveu meter presión co tanto de Leo Café no minuto 35, pero arriscou tanto que acabou recibindo tres goles nos últimos minutos. Machado, Pirata e Power certificaron o triunfo dun Noia que se mantén en descenso pero conseguiu achegarse á salvación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade