Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mundo do ciclocrós descobre un paraíso nas Pontes

O mundo do ciclocrós descobre un paraíso nas Pontes

Felipe Orts e Laura Verschont, os triunfadores da primeira edición dunha proba internacional

G24.gal 12/10/2022 21:24

O circuíto do Lago das Pontes foi un descubrimento para o ciclocrós. Celebrouse no concello coruñés unha proba da disciplina de carácter internacional coa presenza de corredores de Bélxica. Italia ou Francia. E, por suposto, os mellores especialistas de España.

Unha corda de tres mil trescentos metros, sen asfalto, con terra, obstáculos artificiais, grava e area. Pedaleando a carón do lago, da praia fluvial. Un circuíto que emulaba aos grandes recintos de Países Baixos.

Na categoría feminina gañou a belga Laura Verschont, e no ámbito masculino o alacantino Felipe Orts non lle deu opción a ninguén. Dominou a carreira de principio a fin. Orts é a principal baza do ciclocrós español a nivel internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos