O mercado do luxo está a consolidar a súa presenza en Galicia
O mercado do luxo está a consolidar a súa presenza en Galicia. Eso aseguran desde un sector que non deixou de medrar nos últimos anos entre unha clientela que busca exclusividade, calidade artesanal e experiencias personalizadas.
É o caso das fragrancias creadas por artesáns, narices perfumistas que traballan para casas de renome, na súa maioría de orixe francesa e italiana. Estamos a falar da perfumaría de nicho ou autor. Cada recipiente agocha unha historia que evoca emocións ou lembranzas. Recendos que se presentan como experiencias sensoriais. Producións limitadas nas que a calidade e exclusividade da materia prima poñen valor ao produto final.
O mercado do luxo non deixou de medrar nos últimos anos en Galicia, tamén no sector da reloxería e alta xoiería. Entre os estilos máis codiciados figuran as xoais antigas. E se falamos de deseño, o vintage é tendencia. Nin o contexto de alza de prezos de materiais como o ouro pon freo ao interese pola alta xoiería. Un mercado en expansión entre a tradición e a exclusividade.