Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mellor chocolateiro do mundo, o catalán Lluc Crusellas, no Fórum Gastronómico da Coruña

O mellor chocolateiro do mundo, o catalán Lluc Crusellas, no Fórum Gastronómico da Coruña

Entre as súas creacións, un elefante de chocolate de case 200 quilos

G24.gal 08/04/2024 20:54 Última actualización 08/04/2024 21:13

Dúas proposicións foron as que Lluc Crusellas presentou no Fórum Gastronómico da Coruña. Un bombón e unha sobremesa de chocolate con froita da paixón e caramelo. Quixo compartir co público profesional as súas técnicas.

"Estas ideas son para poder coller unha receita e facela máis túa. Poder facer un pintado dun bombón máis persoal ou mesmo un empratado personalizado", explica.

Conquistou o título de mellor mestre chocolateiro do mundo no World Chocolate Masters en 2022 en París. Entre as súas creacións, un elefante de chocolate de case 200 quilos.

E que responde o mellor cando se lle pregunta se Galicia é un país chocolateiro?

"Pola súa proximidade a Portugal, que é un país moi chocolateiro, e creo que si hai cultura do bombón e da pastelaría".

Innovador na súa especialidade, o produto de chocolate, Lluc Crusellas eloxia o papel de eventos como o Fórum para dinamizar o sector.

"Achéganse ideas tanto os que vimos aquí como por parte do público, porque eu cando veño aquí tamén escoito a outros relatores e acabas por empaparte de cousas novas e non tan novas que podes ter apartadas. Estes eventos son importantes porque canto máis se move o sector máis cousas positivas van pasar".

O Fórum Gastronómico abriu o domingo ao público xeral con máis de 9.000 visitas nun só día. Este martes será a última xornada e de novo con obradoiros, catas e demostracións para profesionais do sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade