Publicador de contidos

Publicador de contidos

O matadoiro móbil da Xunta comezará a funcionar a partir do 19 de xaneiro

O matadoiro móbil da Xunta comezará a funcionar a partir do 19 de xaneiro

O servizo está orientado ao sacrificio do gando ovino, cabrún e porcino de explotacións pequenas afastadas de núcleos de poboación

 

G24.gal 14/01/2024 19:31

A partir deste luns os gandeiros galegos poderán solicitar cita para o matadoiro móbil da Xunta a través do número de teléfono 982 251 201.

Este servizo está orientado principalmente ao sacrificio do gando ovino, cabrún e porcino, naquelas explotacións de tamaño pequeno de zonas afastadas de grandes núcleos de poboación e a grandes distancias de matadoiros tradicionais.

A Consellería do Medio Rural explicou mediante un comunicado que unha vez que se recollan as demandas dos gandeiros, organizarán as rutas do matadoiro para optimizar o seu funcionamento.

O camión permite sacrificar animais e o seu principal obxectivo é mellorar a xestión e rendibilidade das explotacións pequenas, para que poidan reducir custos de transporte do gando.

O matadoiro estará en pleno funcionamento a partir do próximo venres 19 de xaneiro, segundo informou a Xunta, unha vez completada a etapa de formación do persoal e de axustes técnicos.

Estivéronse realizando as primeiras probas en explotacións para a posta en marcha do servizo, cuxos prezos oscilarán entre os 10 euros, para o gando bovino e caprino de menos dun ano, e os 50 euros para os porcos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade