O Lugo volve citarse co Burgos tras o amigable de pretemporada en Astorga
Esta vez vai en serio. O Lugo e o Burgos volven verse as facianas, case tres meses despois de enfrontarse na pretemporada en Astorga nun partido no que os burgaleses venceron por tres a un. O técnico lucense destaca a categoría do rival.
"Un equipo con tódalas letras e todas elas maiúsculas", di Hernán Pérez. "Unha solidez defensiva non só por riba da categoría, senón por encima da historia. Un equipo que transiciona ofensivamente moi ben, moi rápidos, moi verticales, con xogadores do moito talento na parte ofensiva e que por riba atópase nun estado de ánimo e de forma excepcional, non?".
A proba é que logo de once xornadas, os de Julián Calero continúan invictos. E na última xornada, malia a expulsión do seu porteiro Caro, o Burgos acabou logrando a vitoria no tempo engadido. O técnico alerta do exceso de confianza. "Estaríamos cavando a nosa tumba. Ademáis, a esixencia dos nosos rivais está subindo, polo tanto a nosa autoesixencia, os nosos límites temos que poñelos máis arriba porque un deixa de ser o Burguiños para ser o Burgos e iso supón unhas taras".
O choque servirá de reencontro para os irmáns Pérez Cuesta, Hernán, adestrador do Lugo e Michu, director deportivo do Burgos. "Evidentemente, esta semana non recibín consellos, nin el recibiu algún tipo de información, cada un vai defende-lo seu", dixo Hernán Pérez.
O Anxo Carro agarda por unha vitoria desde hai dous meses.