Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo busca seguir mellorando en Anduva

O Lugo busca seguir mellorando en Anduva

G24.gal 14/01/2023 13:59

Seis partidos leva Fran Justo á fronte do Lugo. Os suficientes para ver como se sente máis a gusto o seu equipo. "Defendendo", indica o técnico.

Logo da mellora defensiva do equipo, que só recibiu tres goles nos cinco últimos partidos, o técnico quere poñer o foco en medrar no aspecto ofensivo logo de que nas dúas saídas precedentes, os seus homes só foron capaces de rematar dúas veces entre os tres paus.

"Cando chegamos, eramos o equipo que máis disparos recibía entre os tres paus da categoría, entendo que as casas empézanse polos cementos. Entón agora, digamos que esa parte do xogo vamos controlala un chisquiño mellor, cando defendes ben axúdache atacar un pouco mellor", indica Fran Justo.

Con esa idea e co espello do rival como modelo a seguir, os branco e vermellos visitan o Mirandés, que era o pechacanceslas cando ambos se enfrontaron na primeira volta no Anxo Carro e que, desde entón, só perdeu un partido nas oito últimas xornadas.

"É un exemplo do que é a categoría. Cando empatou aquí cero a cero moitos podían entender que o Mirandés podía ser deses equipos que ía estar na parte baixa ou moi baixa da clasificación durante moito tempo e fíxate que inercia leva desde aquela, a secuencia de partidos competindo, sumando e hoxe está nunha situación cómoda".

Unha posición na que tamén agarda estar Fran Justo a final de temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos