Cargando resultados...
O Lugo asume que terá que "sufrir cada punto" á procura da permanencia
G24.gal
22/08/2022 22:04
O Lugo logrou o primeiro punto da temporada. Un empate sufrido e moi valioso, o que acadou o conxunto albivermello en Tenerife. Punto conseguido grazas a un gran exercicio de supervivencia, a un gol de cabeza de Alberto Rodríguez no ecuador da segunda metade e á sobresaínte actuación de Óscar Whalley.
O gardameta do Lugo estivo soberbio. Foi un valado na portería e acabou desquiciando os dianteiros do Tenerife. Unha magnífica actuación que lle permite aos de Hernán Pérez traer do Heliodoro Rodríguez o primeiro punto da temporada.