Cargando resultados...
O Liceo queda fóra da final da Supercopa
G24.gal
03/09/2022 14:00
O Liceo non puido defender o título da Supercopa tras caer esta tarde nas semifinais ante o Reus.
O equipo de Juan Copa comezou ben, adiantándose no marcador con dous goles na primeira metade. Tantos marcados por Dava Torres e Sito Ricart, na que era a súa estrea.
Pero na segunda metade o Reus deulle a volta ao marcador. David Gelmá, Marc Juliá e Compagno consumaron a remontada e deixaron fóra da final ao Liceo.