Cargando resultados...
O Liceo comeza a Euroliga con derrota na pista do Trissino (5-2)
O Liceo comeza a Euroliga con derrota na pista do Trissino (5-2)
Chegou a ir cun 1-2, pero ao descanso xa perdía por 4-2
G24.gal
21/11/2024 22:20
O Liceo comezou con derrota na Euroliga de hóckey a patíns. Caeu na pista do Trissino (Italia) por 5-2. E iso que comezou mandando no marcador despois dun inicio moi goleador. Antes do minuto 10 Reinaldo García adiantara o Trissino e remontara o Liceo cos goles de Carballeira e Ciocale. Pero no treito final da primeira metade o cadro italiano conseguiu marcar tres goles (Cocco, Antoninho e Malagoli). Na segunda metade Gavioli puxo o definitivo 5-2.